BO NADAL E FELICES FESTAS!

E case sen darnos conta xa chegou o Nadal, e con el chegan as panxoliñas, as rúas cheas de fermosas luces, as ganas de comer turrón e polvoróns e sobre todo as cariñas de ilusión dos nosos cativos e cativas.

Os nenos e nenas da aula azul estiveron a ensaiar duramente e sen descanso e o resultado foi unha actuación moi bonita interpretando unha canción de Nadal de orixe anglosaxona: "Doce días de Nadal". Nesta canción de tipo acumulativo os rapaces e rapazas fan una serie de xestos representando os doce agasallos que unha persoa recibe do seu namorado ou namorada durante doce días consecutivos de Nadal. Velaquí o vídeo:




O último día de cole todos os nenos e nenas recibiron uns agasallos moi coloridos e festeiros. @s alumn@s da aula azul quixeron posar así de guap@s nunha foto grupal. A que estab@n chistosos?




Tamén decoraron a aula azul con moita ilusión e traballando en equipo. Puxéronlle moito empeño e así de chula quedou a aula!













Antes de irse para casa, @s nen@s elaboraron unha felicitación para un compañeir@ de clase desexándolle unhas felices festas e facéndolle un debuxo que de seguro lle gustou moito.







     Bo Nadal a tod@s!


Comentarios