Aquí tedes a listaxe de material para o alumnado de primeiro, segundo e terceiro.
MATERIAL PARA AULA
- 4 libretas pequenas de dúas liñas (pauta ancha) con espiral e tapas duras.
- 1 libreta pequena de cuadrícula con espiral e tapa dura.
- 2 paquetes de toalliñas húmidas.
- 4 carpetas sobre tamaño DIN A4 (para titoría, música, relixión e inglés).
- 2 paquetes de 500 folios válidos para impresora.
- 2 barras grandes de pegamento (Imedio ou Pritt). - 1 bote de silicona líquida.
- 1 mochila sen rodas e 1 estoxo con 1 lapis (nº 2), 1 goma, 1 bolígrafo azul borrable, 1 bolígrafo vermello borrable, 1 afialapis, 1 regra, rotuladores e ceras finas.
- 1 botella de auga.
- 1 gorra.
- Traer unha “pequena merenda” para media mañá nun recipiente pechado. Por favor, non traer alimentos tales como golosinas, refrescos, bolería industrial…
Para Educación Física:
- LUNS e VENRES roupa e calzado deportivo para as clases de Educación Física.
- Ademais, traerán un paquete de toalliñas húmidas para o seu aseo persoal.
Os pais / nais teñen a responsabilidade de coidar que o seu fillo/a asista sempre á escola co material completo. Por favor, repoñer o material cando sexa necesario.
É moi importante que todo o material veña etiquetado co nome do alumno/a.
A titora Laura
Comentarios
Publicar un comentario