7 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

CORONA VIRUS EXPERIMENT

Como non podía ser doutro xeito, era necesario seguir reforzando as medidas de precaución, hixiene e seguridade que este ano a pandemia nos obriga a manter na escola. A aula azul levou a cabo a seguinte actividade para a conmemoración escolar do Día Mundial da Saúde:


Primeiro colorearon algúns virus nunha pequena folla de papel. Despois debuxaron a silueta das súas mans nunha bolsa con cremalleira transparente. Despois meteron o debuxo do virus na bolsa de plástico e mergullaron a bolsa nun recipiente con auga. O experimento consistiu en facer desaparecer os virus metendo a bolsa na auga debido ao fenómeno da refracción da luz na auga. Esta actividade, ademais de ser algo divertido para eles, ensinoulles a importancia de lavarnos as mans para que todas as bacterias e virus que temos neles desaparezan.


A actividade desenvolveuse dentro do programa de Plurilingüismo na sesión de Expresión Plástica, a cargo da teacher Laura.

Comentarios