Día mundial da diabetes

 O pasado día 14 de novembro celebramos na nosa aula de 3º e 4º o día mundial da diabetes. 

Para celebralo, explicamos como é o  día a día dunha persoa diabética, como ten que facer cando os niveis de glucosa son altos ou son baixos, así os demais compañeiros poden axudar se fose preciso. 

Unha vez explicado que é a diabetes e o que conleva, fixemos un pequeno libro no que escribimos as cousas que nos gustan do noso compañeiro e este foi o resultado. 








Comentarios