Día nacional do TDAH

 

O día 27 de novembro celebramos na nosa aula de 3º e 4º o día do TDAH. Durante dúas sesións falamos deste trastorno, das características das persoas que conviven con el. 

Ademais de facer unha pequena introducción e explicación, fixemos unhas bandeiras nas que puxemos "Que ten (nome do neno/a) na cabeza?". Cada compañeiro tiña que poñen na bandeira dos demais un adxectivo positivo que o caracterizase. Ao rematar, cada neno leu a súa bandeira, vendo o que os compañeiros lle escribiron.

Logo de facer as bandeiras, cada un deles escolleu unha planta, un boneco ao que lle saen follas pola cabeza. Dado que son diferentes tipos de plantas, a cada boneco sairanlle follas distintas, facendo ver así que cada persoa ten as súas características, que non teñen que coincidir coas dos demais. 

Co paso do tempo, sempre coidando deles e botándolles auga, aos bonecos creceralles o pelo.

 


                                   



Comentarios