Día do libro

 Durante esta semana do libro traballamos nunha historia moi especial: "Invisible". 

Cada neno e nena de clase leu un pequeno fragmento como vemos nas imaxes, ensinando as fotografías aos compañeiros. 

  

O libro trata sobre un neno que sofre acoso na escola e se sinte invisible, polo que lle suceden diferentes situacións. 

                                       

Logo de ler o libro, fixemos un buzón no que escondimos os nomes de todos os nenos da aula e sen mirar, sacamos parellas para escribirse unha pequena carta onde escribimos algo positivo sobre o noso compañeiro/a. Unha vez escritas, cada neno colleu a súa carta e as leron.

                                     

Na seguinte sesión, cada neno debuxou o seu animal fantástico. O neno do conto Invisible contaba cun xoguete Dragón que era o seu "confidente", polo que nós tamén inventamos o noso xoguete. 











Comentarios